Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

O cine de ciencia ficción

Imagen
O cine de ciencia ficción é un xénero cinematográfico que utiliza representacións especulativas basadas en fenómenos imaxinarios como extraterrestres, planetas alieníxenas e viaxes no tempo xunto con elementos tecnolóxicos como naves espaciais futuristas, robots e outras tecnoloxías. Este tipo de cine orixinouse no cine mudo coa película Le Voyage dans la Lune  de Georges Méliès no ano 1902. Baséase en dúas novelas populares do seu tempo: Da terra á Lúa de Julio Verne e Os primeiros homes na lúa de H. G. Wells.  Ten unha duración de 14 minutos con 16 fotogramas por segundo e o seu argumento é o seguinte:  A película comeza coa escena dun congreso científico no cal o profesor francés Barbenfouillis intenta convencer aos outros científicos para que formen parte dun equipo de exploración que se dirixe á lúa. Cando eles aceptan, a expedición ponse en marcha e os científicos viaxan nunha nave espacial. Entón, a nave aterra nas dunas da lúa como un mísil dirixido. Unha vez na superfic

Que é a ciencia ficción?

Imagen
A ciencia ficción é un xénero literario e cinematográfico baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos. Amazing Stories A expresión science fiction utilizouna por pimeira vez en 1851 un escritor inglés chamado William Wilson no seu libro A Little Earnest Book upon a Great Old Suject , pero o termo non se xeneralizou ata que Hugo Gernsback o incorporou en 1926 á portada da revista estadounidense de narrativa especulativa Amazing Stories (logo de facer un intento previo co termo sciencetifiction ). Podemos clasificar do seguinte xeito as obras de ficción: - Ficción realista . É aquela cuxos feitos e personaxes, ficticios, desenvólvense nun contexto que existe ou existiu realmente, aínda que pode ser presentado de xeito artificioso. - Ficción imaxinativa . Prodúcese cando o contexto non describe ningún ambiente que exista ou existira algunha vez. A ficción científica e a fantasía son exemplos