Que é a ciencia ficción?


A ciencia ficción é un xénero literario e cinematográfico baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos.

Amazing Stories
A expresión science fiction utilizouna por pimeira vez en 1851 un escritor inglés chamado William Wilson no seu libro A Little Earnest Book upon a Great Old Suject, pero o termo non se xeneralizou ata que Hugo Gernsback o incorporou en 1926 á portada da revista estadounidense de narrativa especulativa Amazing Stories (logo de facer un intento previo co termo sciencetifiction).

Podemos clasificar do seguinte xeito as obras de ficción:
- Ficción realista. É aquela cuxos feitos e personaxes, ficticios, desenvólvense nun contexto que existe ou existiu realmente, aínda que pode ser presentado de xeito artificioso.
- Ficción imaxinativa. Prodúcese cando o contexto non describe ningún ambiente que exista ou existira algunha vez. A ficción científica e a fantasía son exemplos de ficción imaxinativa.

Na literatura de ciencia ficción destacan os seguintes escritores: Issac Asimov (Yo robot), Ray Bradbury (Crónicas marcianas, Fahrenheit 451), Arthur C. Clarke (Odisea espacial), Aldous Huxley (Un mundo feliz), Ursula K. Le Guin (Los desposeídos) e Julio Verne (Viaje al centro de la Tierra, Veinte mil leguas de viaje submarino).

No cine de ciencia ficción destacan as seguintes películas: Blade Runner, Star Wars, 2001.Una odisea del espacio, Alien: El octavo pasajero, Mad Max, Gravity, The Martian, Jurassic Park, Regreso al futuro, La naranja mecánica, Matrix e E.T. El extraterrestre.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Libros de ciencia ficción do século XXI

Halt and Catch Fire