O cine de ciencia ficción


O cine de ciencia ficción é un xénero cinematográfico que utiliza representacións especulativas basadas en fenómenos imaxinarios como extraterrestres, planetas alieníxenas e viaxes no tempo xunto con elementos tecnolóxicos como naves espaciais futuristas, robots e outras tecnoloxías.

Este tipo de cine orixinouse no cine mudo coa película Le Voyage dans la Lune de Georges Méliès no ano 1902. Baséase en dúas novelas populares do seu tempo: Da terra á Lúa de Julio Verne e Os primeiros homes na lúa de H. G. Wells. Ten unha duración de 14 minutos con 16 fotogramas por segundo e o seu argumento é o seguinte: 

A película comeza coa escena dun congreso científico no cal o profesor francés Barbenfouillis intenta convencer aos outros científicos para que formen parte dun equipo de exploración que se dirixe á lúa. Cando eles aceptan, a expedición ponse en marcha e os científicos viaxan nunha nave espacial. Entón, a nave aterra nas dunas da lúa como un mísil dirixido. Unha vez na superficie, os científicos encóntranse cos habitantes desas terras, os selenitas, que os levan ante o seu rei. Despois de descubrir que os perversos habitantes desapareceran sen avisar baixo a nube de fume co simple toque dun paraugas, os franceses acaban sós ante o rei, do que logran escapar para regresar a terra. Porén, no viaxe de volta caen no océano, do que deberán ser rescatados.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Libros de ciencia ficción do século XXI

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”