No subxénero space operas da ciencia ficción, as grandes franquicias son Star Trek e Star Wars, coas súas sagas de películas, as súas series de televisión e as súas obras relacionadas. Con todo, hai outra que pasa un pouco máis desapercibida pese a que pode considerarse a terceira en discordia polo prolífica que foi en manterse con vida en televisión. É Stargate, a saga das portas espaciais, unha saga que regresa hoxe cunha serie exclusiva chamada Stargate: Origins . Stargate: Origins levaranos aos anos posteriores ao descubrimento da primeira porta en Exipto e aos intentos por descifrala, e controlar o seu poder, de diferentes faccións. Ten dez episodios e só poden vela os suscriptores da web oficial, que reúne tamén, ao completo, as outras series e películas deste universo, que arrincou no cine fai xa máis de vinte anos. O punto de partida é unha película de Roland Emmerich de 1994, protagonizada por Kurt Russell e James Spader, na que ambos eran un militar e un lingüista encargad...
Comentarios
Publicar un comentario