Orphan Black

Orphan Black é unha serie de televisión canadense de ciencia ficción creada por Graeme Manson e John Fawcett, protagonizada por Tatiana Maslany no rol de varias mulleres idénticas que se revelan como clons.
Estreouse no WonderCon en Anaheim, California o 29 de marzo do ano 2013.1​

A primeira tempada da serie estreouse o 30 de marzo de 2013 cun total de dez episodios pola canle Space en Canadá e por BBC America nos Estados Unidos.2​ O 2 de maio de 2013, a serie renovou para unha segunda tempada de dez episodios, cuxo estrea tivo lugar o 19 de abril de 2014.3​ O 9 de xullo de 2014 foi anunciada unha terceira tempada de dez episodios que se estreou o 18 de abril de 2015.4​ En 2015, foi renovada para unha cuarta tempada de dez episodios estreada en 2016 e o mesmo ano anunciouse que a serie sería renovada para unha quinta e última tempada de dez episodios que se estreou o 13 de agosto de 2017.

A serie segue a Sarah  Manning ( Tatiana  Maslany), unha moza marxinada e orfa cuxa vida cambia tras presenciar o suicidio de Elizabeth  Childs, unha muller exactamente igual que ela. Sarah róuballe a identidade, o noivo e a conta bancaria, pero os seus problemas multiplícanse. Sarah descobre máis mulleres como ela (clons), que se unirán para descubrir de onde proveñen, e por que non poden ter fillos, fóra de Helena e Sarah, que ten unha filla chamada  Kira. Estas ven atrapadas nunha conspiración, onde son perseguidas por un asasino que fai o posible por acabar con todos os clons. Terán que facer o impensable para manterse con vida mentres investigan quen son e de que tipo de experimento forman parte.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”

O Efecto Bolboreta