The Knick

Resultado de imagen
The Knick é unha serie dramática de televisión de Estados Unidos, dirixida por Steven Soderbergh e protagonizada por Clive Owen. Estreouse en 2014 e prolongouse dúas tempadas.

A serie narra a vida nun hospital de Nova York a principios do século XX e a introdución de innovacións científicas e técnicas de carácter médico.

A serie foi creada e escrita por Jack Amiel e Michael Begler, que tamén foron os seus produtor e produtor executivos respectivamente. Gregory Jacobs, Clive Owen, Steven Soderbergh e Michael Sugar son tamén produtores executivos. Estreouse na canle Cinemax o 8 de agosto de 2014.

O 10 de xullo de 2014, a canle Cinemax, produtora da serie, anunciou a continuidade da serie cunha segunda tempada de dez capítulos,​ que se estreou en outubro de 2015.

A serie trata sobre a vida dun hospital de Nova York a principios do século XX e narra as innovacións científicas levadas a cabo e as relacións laborais e humanas entre os seus empregados. A historia está baseada no Knickerbocker Hospital de Nova York, que se fundou en 1862 e que pechou as súas portas en 1979. Un dos seus protagonistas, John Thackery, inspírase na figura de William Stewart Halsted, un innovador médico de principios de século XX.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”

O Efecto Bolboreta