A realidade supera á ciencia ficción

Din que a realidade supera á ficción, e ese parece ser o caso desta fotografía do ceo da Antártida, realizada polo fotoperiodista Christopher Michel.


Coma se estivese sacada de 2001: Odisea no Espazo, a fotografía tomouse a menos dun quilómetro do Polo sur, mentres Michel navegaba sobre o xeo con Antarctic Logistics and Expeditions, unha compañía que dá soporte ás visitas de ciencia e turismo durante o curto verán antártico. Mentres que o ceo da imaxe parece propia dunha película de ciencia ficción, o fenómeno que dá lugar a ese aspecto é bastante terreal. Coñecido como "can de sol" (ou parhelion), dáse cando hai cristais de xeo no aire. Eses cristais poden tomar a forma de cirros ou, no caso dun lugar seco e frío como a Antártida, poden quedar suspendidos no aire preto do chan. Os cristais son hexagonales e tenden a flotar horizontalmente. Nesta posición, refractan a luz e, dese modo, parece que hai dous soles pequeniños xunto ao verdadeiro. Se os cristais fosen verticais, crearían un halo ao redor do sol.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”

O Efecto Bolboreta