Xulio Verne, consagrouse como o mellor escritor de ciencia ficción, e así é precisamente como se lle coñeceu: “O pai da Ciencia Ficción” . Naceu en Nantes, pertencente a Francia, descendente dunha dinastía de avogados, pero Verne, sendo aínda moi novo decidiu que a literatura era o seu camiño, aínda que para iso tivo que pasar algunhas penurias, ás veces non tiña para comer ben, pois a súa familia non quería que fose escritor e non tivo o seu apoio. Aínda así, na súa vida cumpriu co que se esperaba del nesa época, seguiu a tradición familiar e estudou dereito, casou cunha viúva rica, feito que lle deu unha posición acomodada, e só canto o seu éxito foi rotundo dedicouse única e exclusivamente a escribir. Xulio, viaxaba moi pouco, con todo, creou unhas obras visionarias, fantasiosas que se contrapoñían ante o razoable, tomando en conta os avances da súa época. Morreu en 1905, padecia diabetes. O seu legado é unha das obras máis voluminosas e marabillosas de todos os tempos. Vinte ...
Comentarios
Publicar un comentario