"A forma da auga"
A forma da auga, a última cinta do mexicano Guillermo del Toro, foi un éxito monstruoso en México. Del Toro retoma a senda de O labirinto do fauno, só que no canto da posguerra española, sitúa a historia na América do Norte dos comezos dos 60, na histeria e o paroxismo da Guerra Fría contra o inimigo soviético, nun país en plena loita polas liberdades civís, pero que por baixo esconde a caza de bruxas, a intolerancia e o odio ao outro.
O punto de partida da historia é o clásico de A criatura da lagoa negra (1954) na que un grupo de expedicionarios estadounidenses atopa a unha criatura, metade peixe metade humano, no Amazonas. Del Toro dá a volta a esa historia e móstranos a un ser sendo obxecto da crueldade dun personaxe odioso, un gran malo que cumpre ordes, lonxe dunha caricatura maniquea como ocorre en tantas películas estadounidenses. Denuncia dunha sociedade chea de monstros reais como a que vivimos agora, A forma da auga é unha das historias de amor máis emocionantes, insólitas e poéticas que se viron nunha pantalla.
Comentarios
Publicar un comentario