Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”

Xulio Verne, consagrouse como o mellor escritor de ciencia ficción, e así é precisamente como se lle coñeceu: “O pai da Ciencia Ficción”. Naceu en Nantes, pertencente a Francia, descendente dunha dinastía de avogados, pero Verne, sendo aínda moi novo decidiu que a literatura era o seu camiño, aínda que para iso tivo que pasar algunhas penurias, ás veces non tiña para comer ben, pois a súa familia non quería que fose escritor e non tivo o seu apoio. Aínda así, na súa vida cumpriu co que se esperaba del nesa época, seguiu a tradición familiar e estudou dereito, casou cunha viúva rica, feito que lle deu unha posición acomodada, e só canto o seu éxito foi rotundo dedicouse única e exclusivamente a escribir. Xulio, viaxaba moi pouco, con todo, creou unhas obras visionarias, fantasiosas que se contrapoñían ante o razoable, tomando en conta os avances da súa época. Morreu en 1905, padecia diabetes. O seu legado é unha das obras máis voluminosas e marabillosas de todos os tempos.


Vinte mil leguas de viaxe submarina
Na segunda metade do século XIX, a desaparición de numerosos barcos sen unha explicación clara fai que navegar os mares xa non sexa seguro. Os datos sinalan a un monstro mariño, mais grande que unha balea, dotado dunha gran velocidade, potencia e que se torna, ás veces, fosforescente. Unha expedición que inclúe ao profesor Arronax, un naturalista, sairá á mar para tentar develar o misterio. Pero pronto serán atacados pola besta e os sobrevivientes serán testemuñas de algo que non crerían se non o visen cos seus propios ollos. A bordo da incomparable embarcación submarina do particular capitán Nemo, poderán ver escenarios vedados á mirada humana e os prodixios naturais que poboan os abismos mariños. En 20.000 Leguas de Viaxe Submarina, Xullo Verne fai gala, unha vez máis, da súa capacidade para adiantarse aos desenvolvemento científicos e coa súa inacabable imaxinación e as súas magníficas descricións transpórtanos a outro dos seus mundos de aventuras.

Viaxe ao centro da Terra
Un antiquísimo manuscrito atopado polo profesor Lidenbrock proba que é posible viaxar ás entrañas da Terra. O sabio ponse en marcha de inmediato xunto co seu sobriño Axel e o guía Hans. Un mundo e misterioso ábrese ante os ollos dos intrépidos viaxeiros, que arriscan a súa vida na empresa. A fértil imaxinación de Xulio Verne atopa nestes territorios inexplorados o campo ideal para as máis fantásticas aventuras. O resultado é un libro vivo e apaixonante. A trama é áxil, sorprendente, inesperada, e mantén o seu interese ata a última páxina. Xulio Verne despregou aquí a súa poderosa imaxinación nunha obra que, un século despois, conserva a súa arte inimitable para espertar a curiosidade do lector.

A volta ao mundo en oitenta días
En 1872, Phileas Fogg, un rico cabaleiro londiniense obsesionado pola puntualidade e a exactitude, realiza unha aposta onde pon en xogo a metade da súa fortuna. Acompañado por Rigodon, o seu atlético e espontáneo mordomo, vaise de Londres para dar comezo a unha incrible carreira contra reloxo: dispón de 80 días para dar unha volta ao mundo xa sexa por aire, por mar ou por terra. Os dous protagonistas serán atrasados no seu proxecto polo inspector Fix, que relaciona o feito da repentina partida de Fogg, co roubo do Banco de Inglaterra e perségueo convencido que foi o autor do delito. Aínda que Verne é considerado un dos pais da ciencia ficción, a especulación científica e a anticipación de inventos que aparecerán posteriormente na súa época, as características máis destacadas da súa obra, neste caso son a acción e o intento de demostrar que a audacia pode superar a todas as fronteiras.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

O Efecto Bolboreta