Breaking Bad
Breaking Bad é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White, un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón. Xunto co seu antigo estudante Jesse Pinkman, White adopta unha vida de crime, producindo e vendendo metanfetaminas cristalizadas para asegurar o futuro financeiro da súa familia após a súa morte. Breaking Bad está ambientada e foi rodada en Albuquerque, Novo México.
A familia de Walter está formada pola súa muller Skyler e os seus fillos Walter, Jr. e Holly. A serie tamén conta coa irmá de Skyler Marie Schrader e o seu home Hank, un axente da DEA. Walter contrata ó avogado Saul Goodman, que o conecta co investigador privado Mike Ehrmantraut e con Gus Fring. Na tempada 5 introdúcense as personaxes de Todd Alquist e Lydia Rodarte-Quayle.
Breaking Bad está amplamente considerada como unha das mellores series de televisión de tódolos tempos. Emitiuse en galego a través da TVG.
Comentarios
Publicar un comentario