Westworld
Westworld é unha serie de televisión de ciencia ficción e suspenso creada por Jonathan Nolan e Lisa Joy para HBO. Baséase na película de 1973 do mesmo nome, que foi escrita e dirixida polo novelista estadounidense Michael Crichton, e a súa secuela Futureworld (1976). É a segunda serie de televisión baseada nas dúas películas, a primeira é a serie de curta duración de 1980 Beyond Westworld. Nolan e Joy desempéñanse como produtores executivos xunto con J. J. Abrams, Jerry Weintraub, e Bryan Burk, con Nolan dirixindo o piloto. A primeira tempada estreouse o 2 de outubro de 2016, concluíu o 4 de decembro de 2016 e consistiu en dez episodios. En novembro de 2016, HBO renovou a serie para unha segunda tempada de dez episodios, que se estreou o 22 de abril de 2018.
O debut da serie en HBO obtivo a audiencia máis alta para unha estrea desde o primeiro episodio de True Detective en 2014 e Westworld posiciónase como a primeira tempada máis vista dunha serie orixinal de HBO.
O 1 de maio de 2018, a serie renovouse para unha terceira tempada.
Westworld recibiu críticas en gran medida positivas por parte dos críticos, con eloxios especiais polas imaxes, a historia e as actuacións.
Esta serie ten unha das reflexións máis profundas das series actuais sobre a Intelixencia Artificial e algunhas das preguntas que xera este tema: pódese adestrar a unha máquina pensante no escuro mundo das emocións? Como afecta a un software que teña capacidade de aprender o adquirir máis coñecementos?
O debut da serie en HBO obtivo a audiencia máis alta para unha estrea desde o primeiro episodio de True Detective en 2014 e Westworld posiciónase como a primeira tempada máis vista dunha serie orixinal de HBO.
O 1 de maio de 2018, a serie renovouse para unha terceira tempada.
Westworld recibiu críticas en gran medida positivas por parte dos críticos, con eloxios especiais polas imaxes, a historia e as actuacións.
Comentarios
Publicar un comentario