As 5 mellores novelas clásicas de ciencia ficción


1984
"1984" é unha novela política de ficción distópica, escrita por George Orwell entre 1947 e 1948 e publicada o 8 de xuño de 1949. A novela introduciu os conceptos da neolingua, adaptación do inglés na que se reduce e transfórmase o léxico con fins represivos, baseándose no principio de que o que non forma parte da lingua, non pode ser pensado.


A guerra dos mundos
"A guerra dos mundos" é unha novela de ciencia ficción escrita por Herbert George Wells e publicada en 1898, que describe unha invasión marciana á Terra. É a primeira descrición coñecida dunha invasión alienígena da Terra, e ten influencia sobre as posteriores e abundantes revisiones desta mesma idea. Da novela de Wells fixéronse adaptacións a diferentes medios: películas, programas de radio,videoxogos, cómics e series de televisión.

Fahrenheit 451
"Fahrenheit 451" é unha novela distópica, publicada en 1953 polo escritor estadounidense Ray Bradbury. O título fai referencia á temperatura na escala de Fahrenheit (°F) á que o papel dos libros se inflama e arde, equivalente a 232.8 ºC.


Soñan os androides con ovellas eléctricas?
"Soñan os androides con ovellas eléctricas?" é unha novela curta de ciencia ficción do subgénero cyberpunk do autor Philip K. Dick publicada en 1968. Foi adaptada libremente por Ridley Scott na película Blade Runner de 1982. A acción sitúase nun mundo cheo de po radiactivo logo dunha guerra nuclear que terminou matando á maioría dos animais, isto leva a que a xente teña animais eléctricos. O protagonista é Rick Deckard, un ex-policía e experto cazador de androides renegados, tarefa á que el mesmo se refire como retirar. Na historia terá que retirar a un grupo de androides de última xeración, que teñen como peculiaridade ser case idénticos a seres humanos, que chegaron ata a Terra fuxindo desde unha colonia espacial.
Eu, robot
"Eu, robot", de Isaac Asimov, é un volume publicado en 1950 no que se recollen unha serie de relatos enlazados pola temática e o fío argumental. Eu, robot é unha colección de relatos nos que se establecen e suscitan os problemas das tres leis da robótica que son un compendio fixo e imprescindible de moral aplicable a supostos robots intelixentes. Os relatos suscitan diferentes situacións ás que terán que enfrontarse distintos especialistas en robótica e nas que se suscitan paradoxas e exercicios intelectuais que indagan sobre a situación do home actual no universo tecnolóxico. A protagonista de varias das historias é Susan Calvin, experta en robopsicología.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Libros de ciencia ficción do século XXI

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”