Distrito 9

Distrito 9 é unha película surafricana-neozelandesa de ciencia ficción dirixida por Neill Blomkamp, escrita por Blomkamp e Terri Tatchell, e producida por Peter Jackson.

Protagonizada por Sharlto Copley, Jason Cope e Robert Hobbs, o filme está ambientado en Johannesburgo nun ucrónico 2010, 28 anos despois da chegada dunha nave alieníxena á cidade surafricana. Máis de dúas décadas despois do primeiro contacto, os extraterrestres conviven con humanos pero foron situados nun gueto, o Distrito 9.

A historia foi inspirada a partir dunha curtametraxe de aproximadamente seis minutos de Blomkamp no 2006, Alive In Joburg.

Argumento:
Fai trinta anos, os extraterrestres chegaron á Terra en busca dun refuxio ante a morte do seu planeta. Separados dos humanos nunha área de Sudáfrica chamada Distrito 9, os extraterrestres son manexados por  Multi- National  United, a cal non está preocupada polo benestar dos alieníxenas, pero fará calquera cousa para dominar a súa tecnoloxía avanzada. Cando un axente contrae un virus que empeza a alterar o seu ADN, só hai un lugar onde se pode esconder: Distrito 9.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Libros de ciencia ficción do século XXI

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”