Interestelar

Interestelar é unha película épica de ciencia ficción estadounidense de 2014, dirixida por Christopher Nolan e protagonizada por Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain, Michael Caine e Matt Damon. A película presenta a un equipo de astronautas que viaxa a través dun buraco de verme en busca dun novo fogar para a humanidade. Os irmáns Christopher e Jonathan Nolan escribiron o guión, que tivo a súa orixe nun borrador que Jonathan desenvolveu en 2007. Christopher Nolan produciu a película xunto á súa esposa Emma Thomas mediante a súa compañía produtora Syncopy, e con Lynda Obst a través de Lynda Obst Productions. O físico teórico Kip Thorne, cuxo traballo inspirou a película, foi produtor executivo e participou como consultor científico. Warner Bros., Paramount Pictures e Legendary Pictures cofinanciaron a película.

Interstellar estreouse o 26 de outubro de 2014 en Los Ángeles. En América do Norte foi lanzada en película fotográfica, expandindo a súa dispoñibilidade a outros lugares usando proxectores dixitais. A película tivo éxito no despacho de billetes, cun ingreso mundial de máis de 675 millóns de dólares, e recibiu recensións positivas dos críticos, quen eloxiou a precisión científica, temática de ciencia ficción, banda sonora, efectos visuais e actuacións de McConaughey, Hathaway, Chastain, e Mackenzie Foy. Nos Premios da Academia de 2014, a película gañou o Óscar aos mellores efectos visuais, ademais foi nomeada por mellor banda sonora, mellor son e mellor deseño de produción. Igualmente recibiu varios premios e nomeamentos, particularmente polos seus efectos visuais, fotografía, banda sonora e actuación de Mackenzie Foy.

Inspirada na teoría do experto en relatividade  Kip  Stepehen  Thorne sobre a existencia dos buracos de verme, e a súa función como canle para levar a cabo as viaxes no tempo. A historia vira ao redor dun grupo de intrépidos exploradores que se penetran por un deses buracos e viaxan a través do mesmo, atopándose noutra dimensión. Un mundo descoñecido ábrese ante eles e deberán loitar por manterse unidos se queren volver dunha peza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Libros de ciencia ficción do século XXI

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”