Black Mirror
Black Mirror é unha serie de televisión británica creada por Charlie Brooker. Cada episodio presenta unha realidade distinta que, como expón o seu creador, retrata o xeito no que vivimos actualmente e "no que poderiamos estar vivindo dentro de 10 minutos, se non temos coidado". O impacto emocional da serie é debido, en boa parte, ás similitudes do seu contido coa nosa realidade diaria. A serie mantén un aspecto importante da ciencia ficción, que Isaac Asimov entendía como a interesada no progreso tecnolóxico e nas reflexións sobre este, ao visualizar as súas posibles consecuencias para a humanidade. No episodio "15 millóns de Méritos" móstrase unha forma de vida sumamente particular (nada afastada á forma de vida actual), pois os cidadáns atópanse inmersos nun lugar do cal non hai escapatoria e deben exercitarse nunha bicicleta fixa co fin de conseguir diñeiro para que desa forma poidan gastalos en diversos xeitos de entretemento. ...