Os temas da ciencia ficción
A ciencia ficción abarca os seguintes temas:
-Os viaxes no tempo: un dos argumentos máis repetidos na historia do cine de ciencia ficción é a capacidade de viaxar no tempo. Na maioría das películas de viaxes no tempo un personaxe do futuro retorna á actualidade para cambiar os feitos e salvar o futuro. A película máis representativa dos viaxes no tempo é Regreso ao futuro, o adolescente Marty McFly é amigo do científico Doc que crea un vehículo chamado Delorean que funciona como máquina do tempo e un error fai que viaxen ao ano 1955.
-As invasións extraterrestes: as historias relacionadas coa invasión da Terra por parte de alieníxenas que proveñen do espazo exterior é un dos temas máis antigos e básicos da ciencia ficción. Unha película que trata este tema é A guerra dos mundos, que é sobre a invasión da Terra polos marciáns e a terrible batalla que terá que librar a humanidade para sobrevivir e en concreto o protagonista e a súa familia.
-Un futuro anticipado: moitos relatos de ciencia ficción especulan acerca do futuro que lle espera á raza humana. Este tipo de obras poden ser de dous tipos, optimistas (utopías) ou pesimistas (distopías): a ficción utópica é un término utilizado para designar un mundo ideal onde todo é perfecto. Polo contrario, a ficción distópica refírese a unha sociedade que fai sufrir aos seus cidadáns pola busca da felicidade. A novela Fahrenheit 451 é unha distopía que presenta un futuro asfixiante onde ata a propia literatura é ameazada. En cambio, en Un mundo feliz, se describe unha vida perfecta na isla de Pala, onde traballaron para conseguir unha sociedade avanzada e feliz.
-O home e as máquinas: as máquinas son produto da creación do home e se transforman en enemigas mortais nos relatos de ciencia ficción. Néganse a cumprir as tareas para as que foron creadas. Esto ocurre coa computadora HAL 9000 en 2011 Odisea no espacio. Tamén ocurre na novela Os androides soñan con ovellas eléctricas?, que trata dos perfectos androides que non aceptan ser desactivados e empezan unha batalla.
-As transformacións do corpo humano: na ciencia ficción, as transformacións do corpo humano prodúcense como resultado dalgunha intervención científica. Un dos personaxes característicos é o médico, que sobrepasa os límites éticos da ciencia. O referente máis significativo é a novela de Frankenstein, de Mary Shelley. Nesa novela, un médico, decidido a descubrir a orixe da vida, arma un ser con restos cadavéricos e lle dá vida por medio da electricidade. Outro claro exemplo é a novela Dr. Jekyll e Mr.Hyde, de Robert Louis Stevenson, as sucesivas transformacións do Dr. Jekyll no malvado Mr. Hyde débense a unha poción que divide a súa personalidade.
Comentarios
Publicar un comentario