As mulleres na ciencia ficción

"Mad Max: Furia en la carretera"
Charlize Theron, se gañou o respecto dos fans do cine de acción ao mesmo tempo que o das feministas co seu papel de Imperator Furiosa. É unha nova versión da historia no que as mulleres adquiren moito máis protagonismo, un liderado forte pero que tamén coida as emocións.
"Gravity"
Ryan Stone, o personaxe interpretado por Sandra Bullock, convértese na protagonista absoluta da historia e consegue que os espectadores empaticen co seu personaxe.

"Blade Runner"
Sean Young é unha imaxe icónica desta película, compite coa presenza de Harrison Ford e co monólogo de Rutger Hauer na pantalla.
"Avatar"
Neytiri, interpretada por Zoe Saldana, é a auténtica heroína da película.

"Contact"
O brillante personaxe de Ellie Arroway, a astrofísica do programa SETI que interpreta Jodie Foster, conmóvenos co seu obxectivo de demostrar que existe vida intelixente máis aló do noso planeta nun dos mellores films de Robert Zemeckis.


"A chegada"
A experta lingüista Louise Banks (interpretada por Amy Adams) non corresponde ao estereotipo de protagonista feminina de película de ciencia ficción. Malia ter que enfrontarse a unha dura proba na que a súa vida persoal verase profundamente afectada, ela non está obsesionada con encaixar no típico papel de nai e esposa.


"Passengers"
Jennifer Lawrence protagoniza xunto a Chris Pratt unha película de ciencia ficción que nos narra o encontro entre dous pasaxeiros que se espertan antes de tempo nunha viaxe espacial. Unha nave desértica, un espazo infinito e a certeza de que non hai saída.

"Alien"
Onde os seus compañeiros fracasan, Ripley, interpretada por Sigourney Weaver, consegue triunfar e, o máis importante, sobrevivir fronte a unha criatura extraterrestre malvada e -aparentemente- invencible. Posteriormente nas secuelas tamén terá que enfrontarse a unha malvada corporación que pretende enganala para secuestrar á criatura e poder estudala.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”

O Efecto Bolboreta