Congreso Nacional de Fantasía e Ciencia Ficción

O programa inclúe conferencias, mesas redondas e encontros de todo tipo, dende a reivindicación do escritor madrileño Enrique Gaspar y Rimbau á narrativa nos xogos de rol, os desastres climáticos, a intelixencia artificial, o terror no cómic ou a evolución dos villanos.
Haberá moitos máis actos, como a proxección de documentais como "Proxecto Patronus", inspirado na saga Harry Potter e que contará coa asistencia de Laura Pastor, a actriz de doblaxe de Hermione Granger nas películas.
Tamén haberá charlas sobre H.G. Wells (considerado un dos pais da ciencia ficción), o escritor Robert A. Heinlein, Arthur Conan Doyle, David Bowie ou o director de cine Tim Burton, ademais dunha cena de gala na que se entregarán os premios Ignotus. A proxección da película "Cinebasura", de Paco Fox e Miguel Ángel Viruete, a presentación do Festival Frikimad ou a análise do movemento LGBT na literatura son algunhas das propostas que durante este fin de semana farán de Navacerrada a capital española da fantasía e a ciencia ficción.
Comentarios
Publicar un comentario