Black Mirror

Black Mirror é unha serie de televisión británica creada por Charlie Brooker. Cada episodio presenta unha realidade distinta que, como expón o seu creador, retrata o xeito no que vivimos actualmente e "no que poderiamos estar vivindo dentro de 10 minutos, se non temos coidado". O impacto emocional da serie é debido, en boa parte, ás similitudes do seu contido coa nosa realidade diaria. 
A serie mantén un aspecto importante da ciencia ficción, que Isaac Asimov entendía como a interesada no progreso tecnolóxico e nas reflexións sobre este, ao visualizar as súas posibles consecuencias para a humanidade.


No episodio "15 millóns de Méritos" móstrase unha forma de vida sumamente particular (nada afastada á forma de vida actual), pois os cidadáns atópanse inmersos nun lugar do cal non hai escapatoria e deben exercitarse nunha bicicleta fixa co fin de conseguir diñeiro para que desa forma poidan gastalos en diversos xeitos de entretemento.
Os ambientes son un tanto turbios, debido a que todo ao seu ao redor está composto de realidade virtual, é dicir, as habitacións teñen fiestras nas que se ven paisaxes ficticias. Nalgunhas ocasións para interactuar coas demais persoas, ten que ser a través de perfís virtuais.


No episodio "Toda a túa Historia" móstrase como a tecnoloxía avanzou tanto ata o punto de levar un dispositivo implementado no cerebro para gravar absolutamente todo o que ves. Co dispositivo pódese regresar ao momento que queiras, e visualizalo as veces que necesites.
Os personaxes xa nin sequera ven televisión, únicamente chegan aos seus fogares para revivir de novo o que viviron ata o momento da obsesión. Podería ser un dispositivo bastante interesante para atar cabos soltos, pois ás veces a nosa memoria non é do todo confiable.


O episodio "O Momento Waldo" narra a historia de Jamie un fracasado actor de comedia cuxo traballo é poñer a voz e o movemento a un oso azul de debuxos animados chamado Waldo mentres realiza entrevistas a políticos e figuras relevantes. Jack, o productor de televisión onde se emite o programa, decide presentar a Waldo como candidato a unhas eleccións parlamentarias en curso para chamar a atención de público. Con todo a inicial broma toma proporcións inesperadas fronte aos candidatos do partido laborista e conservador.


O  episodio "A Ciencia de Matar" transcorre nun futuro repleto de elementos distópicos e postapocalípticos. Conta a historia de Stripe, un soldado integrante dunha organización militar dedicada a exterminar mutantes aos que se lles denomina "roaches". Nunha expedición, xunto á súa amiga e compañeira Raiman e a lider do escuadrón Medina, Stripe mata a dous mutantes. Malia os eloxios pola súa actuación tras esta experiencia Stripe comeza a sentirse diferente.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Stargate: Origins

Xulio Verne “O pai da Ciencia Ficción”

O Efecto Bolboreta