Ursula K. Le Guin
Ursula Kroeber Le Guin (Berkeley, California; 21 de outubro de 1929 - Portland, Oregón; 22 de xaneiro de 2018) foi unha escritora estadounidense. Publicou obras dentro de numerosos xéneros, principalmente ciencia ficción e fantasía, aínda que tamén escribiu poesía, libros infantís e ensaios, e mesmo traduciu obras doutros autores do chinés e o español ao inglés. Le Guin debe a súa fama ao numeroso caudal de libros e contos de ciencia ficción e fantasía publicados ao longo da súa carreira e foi galardoada con varios premios Hugo e Nébula. Foi a primeira muller galardoada co título de Gran Mestra pola Asociación de escritores de ciencia ficción e fantasía de Estados Unidos (SFWA). BIOGRAFÍA Naceu en Berkeley, California o 21 de outubro de 1929. O seu pai foi o eminente antropólogo Alfred Kroeber e a súa nai a escritora Theodora Kroeber. Desde pequena educouse nunha atmosfera de interese académico polos mitos e lendas de todos os pobos da terra. O seu intere...