Entradas

Orixe do relato de ciencia ficción

Imagen
O relato de ciencia ficción naceu na primeira metade do século XIX coa novela Frankenstein da escritora inglesa Mary Shelley (1791-1851). Un científico dá vida no seu laboratorio a un ser monstruoso con restos de cadáveres humanos. Aínda que a autora non lle puxo nome ao monstro creado por Víctor Frankenstein, co tempo, os lectores ou os espectadores das diferentes versións teatrais e cinematográficas chamaron á criatura co nome do seu creador.  Na segunda metade do século XIX, o escritor escocés Robert Louis Stevenson (1850- 1894) concibiu a súa novela O estraño caso do doutor Jekyll e Mr. Hyde , que aportou ao imaxinario da literatura outro científico. O respectado Dr. Jekyll convertíase no seu dobre, o sinistro Mr. Hyde, grazas a unha droga que el mesmo preparaba o seu gabinete. En realidade, ambas novelas son moi complexas e difíciles de clasificar nun xénero  narrativo único, pero pódese recoñecer nelas un elemento fundamental do que máis tarde se chamará ciencia fi...

O Efecto Bolboreta

Imagen
Esta película foi estreada en 2004 baixo a dirección de Eric Bress , que el mesmo escribiu. O "Efecto Bolboreta" e título da película, é un termo que se utiliza na Teoría do Caos e que fai referencia a todo aquel cambio que pode provocar grandes cambios nos sistemas máis completos. A primeira imaxe da película é, sen dúbida, unha das que marcarán o principio de toda a trama. Nela poderemos ver como o protagonista, Evan Treborn, escribe unha nota na que di que se alguén puidese chegar a lela algunha vez, entón significaría que o seu plan fallara. Sinopse A través dun flashback trasladarémonos entón a 13 anos antes, cando Evan aínda vivía en casa da súa nai Andrea. Un bo día a profesora do protagonista comenta á nai a existencia dun debuxo de neno, pero, con todo, non recorda absolutamente nada. Vista a situación, Andrea decide levar ao seu fillo ao médico para que lle fagan un escáner e determinen que é o que lle ocorre. Seguindo as recomendaciones do médico, Evan escribe n...

Congreso Nacional de Fantasía e Ciencia Ficción

Imagen
O Congreso Nacional de Fantasía e Ciencia Ficción, "Hispacon", celebrarase este ano na Casa da Cultura de Navacerrada os días 17, 18 e 19 de novembro baixo o lema de "Únete á conquista", e espérase a presencia de máis de 70 membros nacionais e internacionais. Trátase dunha das citas máis importantes en España dentro da literatura de xénero fantástico e outras manifestacións artísticas paralelas (cómic, cine, divulgación científica, artes plásticas). O programa inclúe conferencias, mesas redondas e encontros de todo tipo, dende a reivindicación do escritor madrileño Enrique Gaspar y Rimbau á narrativa nos xogos de rol, os desastres climáticos, a intelixencia artificial, o terror no cómic ou a evolución dos villanos. Haberá moitos máis actos, como a proxección de documentais como "Proxecto Patronus", inspirado na saga Harry Potter e que contará coa asistencia de Laura Pastor, a actriz de doblaxe de Hermione Granger nas películas. Tamén haberá charlas so...

Os temas da ciencia ficción

Imagen
A ciencia ficción abarca os seguintes temas: -Os viaxes no tempo: un dos argumentos máis repetidos na historia do cine de ciencia ficción é a capacidade de viaxar no tempo. Na maioría das películas de viaxes no tempo un personaxe do futuro retorna á actualidade para cambiar os feitos e salvar o futuro. A película máis representativa dos viaxes no tempo é Regreso ao futuro, o adolescente Marty McFly  é amigo do científico Doc que crea un vehículo chamado Delorean que funciona como máquina do tempo e un error fai que viaxen ao ano 1955. -As invasións extraterrestes: as historias relacionadas coa invasión da Terra por parte de alieníxenas que proveñen do espazo exterior é un dos temas máis antigos e básicos da ciencia ficción. Unha película que trata este tema é A guerra dos mundos, que  é sobre a invasión da Terra polos marciáns e a terrible batalla que terá que librar a humanidade para sobrevivir e en concreto o protagonista e a súa familia. -Un futuro anticipado...

O cine de ciencia ficción

Imagen
O cine de ciencia ficción é un xénero cinematográfico que utiliza representacións especulativas basadas en fenómenos imaxinarios como extraterrestres, planetas alieníxenas e viaxes no tempo xunto con elementos tecnolóxicos como naves espaciais futuristas, robots e outras tecnoloxías. Este tipo de cine orixinouse no cine mudo coa película Le Voyage dans la Lune  de Georges Méliès no ano 1902. Baséase en dúas novelas populares do seu tempo: Da terra á Lúa de Julio Verne e Os primeiros homes na lúa de H. G. Wells.  Ten unha duración de 14 minutos con 16 fotogramas por segundo e o seu argumento é o seguinte:  A película comeza coa escena dun congreso científico no cal o profesor francés Barbenfouillis intenta convencer aos outros científicos para que formen parte dun equipo de exploración que se dirixe á lúa. Cando eles aceptan, a expedición ponse en marcha e os científicos viaxan nunha nave espacial. Entón, a nave aterra nas dunas da lúa como un mísil dirixido. Unha v...

Que é a ciencia ficción?

Imagen
A ciencia ficción é un xénero literario e cinematográfico baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos. Amazing Stories A expresión science fiction utilizouna por pimeira vez en 1851 un escritor inglés chamado William Wilson no seu libro A Little Earnest Book upon a Great Old Suject , pero o termo non se xeneralizou ata que Hugo Gernsback o incorporou en 1926 á portada da revista estadounidense de narrativa especulativa Amazing Stories (logo de facer un intento previo co termo sciencetifiction ). Podemos clasificar do seguinte xeito as obras de ficción: - Ficción realista . É aquela cuxos feitos e personaxes, ficticios, desenvólvense nun contexto que existe ou existiu realmente, aínda que pode ser presentado de xeito artificioso. - Ficción imaxinativa . Prodúcese cando o contexto non describe ningún ambiente que exista ou existira algunha vez. A ficción científica e a fantasía son exemplos ...